31 enero, 2009
2ª Rebaixas
26 enero, 2009
Bread and Butter Barcelona '09
Estivemos nos stands das marcas que temos na tenda e adiantáronnos as novidades para o próximo inverno 09/10. Gustounos moito o que vimos en Gsus, Sessùn, PepeJeans, Levi's, Skunkfunk... e Yumi, cunha gran colección de vestidos moi interesantes.
Destacar a presenza de moitas marcas de calzado, que non estaban en edicións anteriores, con moita variedade de modelos e colores.
En definitiva, non se sacou moito en limpo da feira, pero sempre está ben achegarse a Barcelona, visitar a cidade, ver aos amigos e pasalo ben.
E para xantar moi ben e barato na cidade condal, Les Cativas na Avda. Mistral, preto da Praza de Espanya. Un pequeno sitio moi acolledor rexentado por unha xoven pontesa.
12 enero, 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)