Están a chegar cousas novas de Adidas, tanto para muller como para home, como chaquetas, cazadoras, camisas, etc.
Bolsa e foulard de PepeJeans para home. A bolsa ven moi completa, cunha funda interior para o portátil e diferentes compartimentos para documentos, etc. Práctica tanto para o traballo coma para unha escapada de fin de semana. Tamén dispoñible en verde.
A pasada semana Juaneta visitou a Feira Internacional de Moda "Bread and Butter" en Barcelona. Por desgraza, non foi das mellores feiras, xa que notouse un gran baleiro en canto a asistencia das marcas e visitantes.
Estivemos nos stands das marcas que temos na tenda e adiantáronnos as novidades para o próximo inverno 09/10. Gustounos moito o que vimos en Gsus, Sessùn, PepeJeans, Levi's, Skunkfunk... e Yumi, cunha gran colección de vestidos moi interesantes.

