31 enero, 2009

2ª Rebaixas


     En Juaneta, agora, temos toda a roupa con un 50% de desconto. Ademais, temos os complementos con un 30% ou 40% de rebaixa e un 20% en prata.

     Non dubides en achegarte por aquí e aproveitar estas vantaxes. Ata fin de mes!!!

26 enero, 2009

Bread and Butter Barcelona '09



     A pasada semana Juaneta visitou a Feira Internacional de Moda "Bread and Butter" en Barcelona. Por desgraza, non foi das mellores feiras, xa que notouse un gran baleiro en canto a asistencia das marcas e visitantes.

     Estivemos nos stands das marcas que temos na tenda e adiantáronnos as novidades para o próximo inverno 09/10. Gustounos moito o que vimos en Gsus, Sessùn, PepeJeans, Levi's, Skunkfunk... e Yumi, cunha gran colección de vestidos moi interesantes.


   



     Destacar a presenza de moitas marcas de calzado, que non estaban en edicións anteriores, con moita variedade de modelos e colores.




     
     En definitiva, non se sacou moito en limpo da feira, pero sempre está ben achegarse a Barcelona, visitar a cidade, ver aos amigos e pasalo ben. 
     E para xantar moi ben e barato na cidade condal, Les Cativas na Avda. Mistral, preto da Praza de Espanya. Un pequeno sitio moi acolledor rexentado por unha xoven pontesa.